O Gran Test

Participa no concurso!Nesta edición das Xornadas Tecnolóxicas, estamos organizando para os participantes un concurso de cultura xeral que chamamos O Gran Test. Consiste en responder ao máximo número de preguntas tipo test nun tempo limitado. As respostas correctas suman puntos e as incorrectas restan. Os gañadores, aqueles ou aquelas que acaden unha maior puntuación, recibirán un premio, aínda por determinar.

Un exemplo

Para ir abrindo boca ofrecémosche a seguinte pista. A continuación amósase unha pregunta escollida ao azar, pero so o enunciado, as respostas posibles permanecerán ocultas ata a semana das Xornadas. Ollo! Esta pode ser unha das preguntas que che toque no concurso! Se queres preparar mellor o test e ter máis opcións de gañar algún premio podes ir investigando a resposta.

Que músico do Barroco morreu de gangrena por furar un pé cun bastón, mentres marcaba o compás?

Propoñer pregunta:

Para aumentar o catálogo de preguntas abrimos aquí este formulario, para que todo o mundo poida propoñer preguntas que, unha vez revisadas, engadiranse ao test. Se pensas participar no concurso, non o dubides, cantas máis preguntas propoñas máis posibilidades terás de que che toque respondelas e, por tanto, de acadar unha maior puntuación.

Especialidade:
Enunciado da pregunta:
Resposta 1:
Resposta 2:
Resposta 3:
Resposta 4: (opcional)
Resposta 5: (opcional)
Resposta correcta: (1 a 5)

NOTA: As preguntas deberán ser revisadas pola organización antes de ser incluidas no test.

Actualizado o 28 de Febreiro de 2008