Xornadas Tecnolóxicas - Portada

Benvid@!

Aínda que as Xornadas Tecnolóxicas xa remataron, aínda hai outras actividades no IES Leliadoura das que te podes informar nestas páxinas.

Concurso Desafío Matemático

Desafío Matemático

Actualizado o 8 de abril de 2008

Charla Software Libre

O mércores 9 de abril de 2008, o profesor de informática Manuel Morán impartirá no IES Leliadoura unha charla de título "Software libre e legal no centro educativo". Será a partires das cinco da tarde nunha das aulas de informática do segundo andar (Tixosa). Para máis información podes consultar:

IES Leliadoura

Actualizado o 8 de abril de 2008

Concurso de Microrrelatos

Microrrelatos

Actualizado o 8 de abril de 2008

IES Leliadoura

Neste momento estamos a traballar na preparación da 3ª edición das Xornadas Tecnolóxicas, un conxunto de actividades formativas e lúdicas, relacionadas coas novas tecnoloxías e que terán lugar no IES Leliadoura entre os días 10 e 13 de Marzo. Podes atopar información sobre anteriores edicións descargando a seguinte presentación. (Descargar o arquivo .zip de 13,9MB, descomprimir e executar o arquivo play.bat)

Participa no concurso! Xa comezou a fase de preparación de O Gran Test, un concurso de preguntas e repostas que facemos entre profes e alumn@s, e que terá lugar durante os días das Xornadas. Pero xa podes empezar a preparalo, deixa as túas propias preguntas e consulta algunhas das que xa están na base de datos. Haberá atractivos premios para aqueles que acaden maior puntuación. Moita sorte!

Actualizado o 28 de febreiro de 2008

Participa no concurso! E a pesar de que aínda quedan unas semanas para o evento, algunhas actividades xa deron comezo, coma un primeiro concurso para deseñar a camiseta que se regalará a tódolos participantes das xornadas.

Finalizado o concurso, estes son os deseños premiados:

1º Premio

1º premio: Lorena García Álvarez

2º Premio

2º premio: Elvira Blanco Pérez

3º Premio

3º premio: Carlos Pérez Pérez

E isto é só o comezo, día a día pode haber novidades, non deixes de visitarnos!

Actualizado o 26 de febreiro de 2008