Cada etiqueta HTML que xera un bloque no documento forma unha caixa. O navegador visualizará estes elementos en bloques rectangulares, segundo a orden e mostrando unhas distancias entre eles predeterminadas polas regras de estilos.
Podemos especificar dous tipos de marxes:
_______________________________________
| |
| marxe exterior (sen cor) |
| _________________________________ |
| | | |
| | borde | |
| | ___________________________ | |
| | | | | |
| | | marxe interior | | |
| | | _____________________ | | |
| | | | | | | |
| | | | contido | | | |
| | | |_____________________| | | |
| | |___________________________| | |
| |_________________________________| |
|_______________________________________|
| ancho do elemento |
| ancho de caixa |
É o espazo entre o contenedor ou pai ata o borde.
Podemos modificar os marxes exteriores dun bloque HTML indicando como valor da propiedade a medida do marxe para as propiedades:
Tódalas propiedades anteriores aceptan o valor auto. Nese caso tomarase a marxe por defecto. Se o elemento ten definido un ancho e especifícase margin-left:auto e margin-right:auto o elemento centrarse horizontalmente no contenedor. Se o elemento ten definido un alto e especifícase margin-top:auto e margin:bottom:auto o elemento centrase verticalmente no contenedor. Só se garante o centrado vertical e horizontal do valor auto se o doctype é <!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Strict//EN" "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-strict.dtd"> .
Exemplo de regras de estilo:
| .bloqueCentrado { background-color: #A4CEFF; margin-top: 15px; width:28%; margin-left: auto; margin-right: auto; margin-bottom: 15px; } |
Exemplo de código:
| <p class="bloqueCentrado">Bloque con marxe exterior centrado no contenedor</p> |
Visualización:
|
Bloque con marxe exterior centrado no contenedor |
É o espazo entre o contido dun bloque ata o borde. Dicese que é un espazo interno porque o espazo está dentro do bloque HTML.
Podemos modificar as marxes interiores dun bloque HTML mediante as propiedades:
Tódalas propiedades anteriores aceptan como valor unidades de medida.
Exemplo de regras de estilo:
| .bloqueCentradoPadding { background-color: #A4CEFF; margin-top: 15px; width:28%; margin-left: auto; margin-right: auto; margin-bottom: 15px; padding:20px; } |
Exemplo de código:
| <p class="bloqueCentradoPadding">Bloque con marxe exterior centrado no contenedor e marxe interior</p> |
Visualización:
|
Bloque con marxe exterior centrado no contenedor e marxe interior |
Se o texto ten indentación negativa, pode ser necesario aumentar a marxe esquerda para ver o principio do parágrafo.
Exemplo de regras de estilo:
|
.bloque { |
Exemplo de código:
| <div class="bloque"> <p class="caradentro">Este parágrafo ten aplicada a clase caradentro, por tanto, terá unha indentación de 40 puntos na primeira liña do paragrafo, é dicir, verase como unha sangría típica de parágrafo.</p> <p class="carafora">Este parágrafo ten aplicada a clase carafora, por tanto, terá unha indentación de -40 puntos na primeira liña do paragrafo, é dicir, verase como unha sangría colgante. Observe que parte do texto colgante está situado na marxe esquerda definida como de 40px.</p> </div> |
Visualización:
|
Este parágrafo ten aplicada a clase caradentro, por tanto, terá unha indentación de 40 puntos na primeira liña do paragrafo, é dicir, verase como unha sangría típica de parágrafo. Este parágrafo ten aplicada a clase carafora, por tanto, terá unha indentación de -40 puntos na primeira liña do paragrafo, é dicir, verase como unha sangría colgante. Observe que parte do texto colgante está situado na marxe esquerda definida como de 40px. |
| Anterior | Seguinte |