Fontes en CSS

font-family

Temos cinco familias xenéricas de fontes. As fontes que temos instaladas no sistema pertencen a un dos seguintes grupos:

Os tipos de letra existentes en cada familia dependerán das fontes instaladas no ordenador. Por iso  a font-family pódeselle asignar unha lista de tipos de letra separados por comas. De forma que a hora de visualizar a páxina se o ordenador non ten a primeira fonte tome a segunda e así sucesivamente.
Recoméndase poñer como último elemento da lista font-family o nome dunha  familia, desta forma asegurámonos de que se o ordenador non ten instaladas as fontes precedentes se visualice a páxina coa familia indicada.

NOTA:Se unha fonte contén espazos en branco debemos de especificar o seu nome entre comillas simples.

Exemplo de regras de estilo:

h1  { font-family:"Arial Black", "Helvetica Bold", sans-serif;}
p   { font-family:"Times New Roman","Times",serif;}

Exemplo de código:

Estilo de cabeceira de primeiro nivel H1

Estilo de parágrafo

Visualización:

Estilo de cabeceira de primeiro nivel H1

Estilo del parágrafo

font-style

Permite definir o estilo dunha fonte. Os valores poden ser:

Exemplo de regras de estilo:

.normal  { font-style: normal;}
.cursiva { font-style: italic; }
.oblicua { font-style: oblique;}

Exemplo de código:

Visualización do texto en:
normal , cursiva e oblicua

Visualización:

Visualización do texto en: normal , cursiva e oblicua

font-weight

Permite definir o grosor da fonte. Os valores poden ser:

Existen fontes que só diferencian entre normal e negriña, non visualizando os diferentes grosores de negriña. O que si se respeta é que lighter sempre é máis suave que bolder.

Exemplo de regras de estilo:

.clara       {font-weight: lighter;}
.negrita     {font-weight: bolder;}
.maisNegrita {font-weight: bolder;}
.px900       {font-weight: 900;}

Exemplo de código:

Visualización do texto en:
lighter,  bold, bolder e con 900 puntos

Visualización:

Visualización do texto en: lighter, bold bolder e con 900 puntos

font-size

A propiedade font-size determina o tamaño da fonte. Os valores poden especificarse:

Exemplo de regras de estilo:

.pequena       {font-size: small;}
.maisGrande    {font-size: larger;}
.porcentaxe180 {font-size: 180%;}
.px12          {font-size: 12px;}

Exemplo de código:

Este texto visualizase

De forma absoluta :

small

De forma relativa :

larger - Mais grande que o tamaño
da fonte que hereda - A de por defecto

larger - Mais grande
que o tamaño da fonte que herda - 12px

En porcentaxe :

180% do tamaño da fonte que
herda - a de por defecto

180% do tamaño
da fonte que herda - 12px

Expresando unha unidade de medida

Con 12 px

Visualización:

Este texto visualizase
• De forma absoluta :
small
• De forma relativa :
larger - Mais grande que o tamaño da fonte que hereda - A de por defecto
larger - Mais grande que o tamaño da fonte que herda - 12px
• En porcentaxe :
180% do tamaño da fonte que herda - a de por defecto
180% do tamaño da fonte que herda - 12px
• Expresando unha unidade de medida
Con 12 px

font-variant

Os valores posibles son:

Exemplo de regra de estilo:

.versales {font-variant: small-caps;}

Exemplo de código:

Texto escrito en small-caps - Versales

Visualización:

Texto escrito en small-caps - Versales

word-spacing

Establece o tamaño do espazo entre as palabras. Os valores posibles son:

Exemplo de regra de estilo:

.espazoPalabras60 {word-spacing: 60px;}

Exemplo de código:

Espazo entre as palabras de 60px

Visualización:

Espazo entre as palabras de 60px

letter-spacing

Establece o tamaño do espazo entre os caracteres. Os valores posibles son:

Exemplo de regra de estilo:

.espazoCaracteres20 {letter-spacing:20px;}

Exemplo de código:

Espazo entre as letras de 20px

Visualización:

Espazo entre as letras de 20px

text-transform

Establece a forma na que se visualizará o texto. Os valores posibles son:

Exemplo de regra de estilo:

.textoMaiusculas  {text-transform:uppercase;}
.textoMinusculas  {text-transform:lowercase;}

Exemplo de código:

Texto escrito en minúsculas que se visualizará en maiúsculas e texto escrito en MAIÚSCULAS que se visualizará en MINÚSCULAS

Visualización:

Texto escrito en minúsculas que se visualizará en maiÚsculas e texto escrito en MAIÚSCULAS que se visualizará en MINúSCULAS

text-decoration

Establece a forma na que se decorará o texto. Os valores posibles son:

Exemplo de regra de estilo:

.textoUnderline    {text-decoration: underline;}
.textoOverLine     {text-decoration: overline;}
.textoLineThrough  {text-decoration: line-through;}
.textoBlink        {text-decoration: blink;}

Exemplo de código:

Texto en:
underline,
overline,
line-through,
blink

Visualización:

Texto en: underline, overline, line-through, blink.

Anterior Seguinte