Follas de Estilos

En XHTML estricto non se poden usar etiquetas de formateo básico e no seu lugar hai que usar páxinas de estilos. A filosofía do XHTML é separar o contido da páxina Web (escrito na páxina HTML) do seu aspecto (utilizando estilos).

En XHTML transitorio e con marcos, recoméndase usar as páxinas de estilo, pero pódense usar etiquetas de formateo básico do texto.

Existen varias versións de CSS: CSS1, CSS2 e CSS3 (en desenvolvemento actualmente). Os navegadores modernos implementan CSS1 bastante ben, aínda que existen pequenas diferenzas de implementación segundo marcas e versións dos navegadores. CSS2, sen embargo, está só parcialmente implementado nos más recentes.

Para aplicar estilo a unha páxina básicamente temos dous métodos:

Pódense combinar os métodos anteriores incluíndo un arquivo con estilos xenéricos para todo o sitio Web e incluír os estilos específicos de cada páxina dentro da páxina Web correspondente. 

Follas de estilo externas

Toda folla de estilos debe ter a extensión .css. Pode utilizar o programa Top Style Litle para crear a folla de estilos dunha forma amigable.

Para referenciar unha folla de estilos externa dende unha páxina Web debe de incluir o seguinte código dentro da cabeceira da páxina.

<head>
  ....
  <link rel="stylesheet" href="nomefolla.css" type="text/css" />
  .....
</head>

Onde nomefolla.css é o arquivo que contén as definicións do estilo. Pódese referenciar a esta folla dunha forma absoluta ou relativa, aínda que se aconsella que sempre que sexa posible o arquivo sexa referenciado dunha forma relativa.

A etiqueta link pode ter outro atributo opcional chamado media que especifica o medio ou medios ós que se aplica a folla de estilos. Os valores máis importantes son para a pantalla "screen" (tomado por defecto) e para a impresora "print".

Pode incluír comentarios como os da linguaxe C /*..........*/  dentro do arquivo css. Tamén pode importar outra folla de estilos con @import "nomeFollaEstilosImportada"; dentro dunha folla CSS.

Estilos dentro da propia páxina Web

Para definir estilos dentro da propia páxina HTML debe de incluir o seguinte código dentro da cabeceira da páxina.

<head>
<style type="text/css">
<!--
  ...
  listas de estilos
  ...
-->
</style>
</head>

Dentro da etiqueta style debe incluír o comentario HTML (<!-- -->) para evitar problemas de visualización en navegadores que non soporten CSS.

Anterior Seguinte