Os pseudo-elementos son elementos dunha páxina a que a linguaxe HTML non outorga identidade propia (e por tanto non poden ser seleccionados) pero que si poden ser identificados polas regras de estilo. Por exemplo non existen ningunha etiqueta HTML para marcar a primeira letra de cada paragrafo pero a través dos pseudo-elementos podemos acceder a elas.
Os pseudo-elementos dispoñibles son:
:first-letter
:first-line
:before
:after
As pseudo-clases clasifican os elementos baseándose no estado dos elementos, atributos que non poden deducirse da estrutura do documento por ser dinámicas; p.e. os estados que toma un enlace, visitado, activado .. ou depender da posición dun elemento na estrutura do documento p.e o primeiro fillo dun selector.
Os estados que pode ter calquer selector son
:hover
:active
:focus
Os enlaces ademáis poden ter:
:link
:visited
| Anterior | Seguinte |