Identificadores

O atributo id (identificador) presente en tódalas etiquetas HTML permite dar un nome único a un elemento dentro da páxina. Podemos crear estilos que se apliquen a un identificador:

#nomeIdentificador{
  propiedade1:valor1;
  ...
  propiedadeN:valorN;
}

Exemplo de regra de estilo:

#exame{
  color: blue;
}

Exemplo de código HTML:

<p id="Exercicio">Párrafo con identificador que non ten asociado un estilo</p>
<p id="exame">Párrafo con identificador asociado a unha regra de estilo</p>

Visualización:

Párrafo con identificador que non ten asociado un estilo

Párrafo con identificador asociado a unha regra de estilo


Anterior Seguinte