Selectores abstractos aplicables a elementos HTML só con especificar no atributo class do elemento HTML o nome da clase. Ó nomear unha clase débese de especificar un punto diante do nome da clase.
A regra de estilo dunha clase pode:
| .nomeClase { propiedade1:valor1; ... propiedadeN:valorN; } |
selectorHTML.nomeClase { propiedade1:valor1; ... propiedadeN:valorN; } |
Exemplo de regras de estilo:
| .cabeza { color: red; font-size:x-large; } |
p.cabeceira { color: blue; font-size:x-large; } |
No primeiro caso crease unha clase chamada cabeza non vinculada a ningunha etiqueta HTML, é dicir, pode usarse con calquera etiqueta. No segundo caso crease unha clase chamada cabeceira vinculada o selector <p> de forma que só se pode aplicar a párrafos.
Exemplo de código HTML:
|
<p>Neste párrafo existen <span class="cabeza">palabras con
estilo cabeza</span> e outras que non o teñen.<br /> |
Visualización:
|
Neste párrafo existen palabras con estilo cabeza e outras que non o teñen. Este párrafo ten aplicado o estilo cabeceira mediante o atributo class. Non se aplica o estilo cabeceira con etiquetas ditintas de p. |
| Anterior | Seguinte |