OLLOBOI 2015 

Xurado

Alberto García

Licenciado en Ciencias Políticas con Posgrado en Educación Social e Animación Sociocultural. Desde hai 15 anos traballa no Concello de Boiro, como animador sociocultural primeiro, e como técnico de cultura despois, conectando creatividade e desenvolvemento local e comunitario, e fomentando o asociacionismo. Tamén desenvolve proxectos para a Xunta de Galicia, Xacobeo, Culturgal ou Cidade da Cultura de Galicia.

Sabela Hermida

Actriz e bailarina. Doutora en artes escénicas, cunha tese sobre María Casares e licenciada en filosofía. Participou en series do audiovisual galego como Efectos Secundarios, Libro de Familia ou Escoba. Actualmente desenvolve a súa carreira artística protagonizando varios espectáculos teatrais, entre Galicia e Madrid.

Fede Martínez

Actor, licenciado en Filoloxía Galega e guionista, participou en coñecidas series e programas de televisión como Padre Casares, Mareas vivas, O rei da comedia, Los hombres de Paco, Era visto! e un largo etcétera. En cine destacan títulos como Mar adentro, 18 comidas, Retornos, Encallados e Os fenómenos. Será ademáis o presentador da gala de entrega de premios desta edición.

Nacho Rodiño

Profesor de Lingua Galega no IES Leliadoura de Ribeira, onde todo comezou, aínda que desde hai dous anos traballa como asesor TIC no Centro Autonómico de Formación e Innovación. Fixo as súas pequenas incursións na produción audiovisual co seu alumnado, participou en distintos obradoiros e organizou o concurso de vídeo que serviría de inspiración para Olloboi. Un pioneiro que se reencontra co festival tras ter participado xa nas súas primeiras edicións.


Síguenos tamén en

Olloboi é unha iniciativa sen ánimo de lucro de ASC Olloboi

Aplicación feita con (v.1.5)