OLLOBOI 2015 

In Memoriam

Codigo Vídeo: 134

Data Inscrición: 8/05/2015 12:48:32

Responsable: Fran Cabanas

Responsable Centro: Margarita Saborido Ojea

Nivel Educativo: Outros

Créditos: Título: IN MEMORIAM
Xénero: Documental
Data de realización: 2015
Duración: 20:29
Produción: Sons e Visións
Dirección: Juan Antonio Fernández Salgueiro
Guión: Francisco Eduardo Cabañas Díaz
Montaxe, fotografía, música e son: Marga Saborido e Juan A. Fernández Salgueiro
Asesores históricos: Juan Carlos Hermida Bouza (Ribeira e Porto do Son), Xesús Costa Rodil (Padrón e Rianxo) e Xerardo Agrafoxo Pérez (Lousame)
Intérpretes: Tonhito de Poi, Emma Vedo, Quico Cadaval, Marga Saborido, Xesús Santos Suárez, Graciela Muñiz Teijeiro e Mercedes Rodríguez Pimentel
Lugares de rodaxe: Rianxo e Santa Uxía de Ribeira
Sinopse:
In Memoriam é, por riba de todo, unha homenaxe a sete vítimas reais do franquismo.
Esta curtametraxe, a medio camiño entre o xénero documental e a ficción, achégase, desde unha perspectiva rigorosamente histórica e documentada, aos devastadores efectos da represión nos diferentes concellos da comarca do Barbanza. O obxectivo é, en definitiva, facer un exercicio de Memoria Histórica para dar a coñecer as voces silenciadas polo fascismo e narrar, nun reducidísimo espazo de tempo, algunhas das atrocidades cometidas no que quizais sexa o período máis escuro da nosa historia.

Comentarios: Este documental foi creado por un grupo de profesores do centro e ímolo proxectar no IV Festival Audiovisual que se celebrará en xuño no instituto.

Centro educativo: IES Nº 1

Código: 15014568

Enderezo: Avenida da Coruña 170

Cod. postal: 15960

Concello: Ribeira

Provincia: Coruña (A)

Teléfono: 981871140

Correo-e: ies.numero1.ribeira@edu.xunta.es

Titularidade: Pública



Síguenos tamén en

Olloboi é unha iniciativa sen ánimo de lucro de ASC Olloboi

Aplicación feita con (v.1.5)